O día 27 de abril, da man de María Paredes, vivimos unha sesión de contacontos na biblioteca municipal, ás 19.00 h. Aos nenos e ás nenas de 3 a 9 anos que se achegaron acompañados dos seus familiares ensinóuselles a adquirir o hábito e o gusto pola lectura, a identificar nun mesmo e nos demais as distintas emocións e a adquirir estratexias para xestionalas.
Ademais, realizaron dinámicas de distensión onde se separaron e se identificaron as distintas emocións e os asistentes realizaron unha actividade para levar para a casa.