«Non basta con oír a música; ademais hai que vela»
(Stravinski)
Abril foi o mes das emocións, maio o da disciplina e agora toca música. O mes de xuño será o mes da música en Ponteceso!
Imos facerlle caso a Stravinski: veremos e escoitaremos música no espectáculo «As aventuras de Quebranoces», a representación con teatro de monicreques dunha historia baseada no conto «Quebranoces e o Rei dos Ratos» mentres se interpreta en directo ao piano a música da suite «O Quebranoces de Tchaikovsky.
E haberá sorpresa ao final da representación, aproveitando os recursos que nos ofrece a nosa escola de danza.
Non vos dixen que será o 15 de xuño, no salón de actos do edificio das escolas? Pois é alí a esa hora
Vai ser marabilloso! E é de balde