Actividade para aprender a xestionar as emocións e para estimular a intelixencia emocional o 13 de abril, as 19.00 horas, na biblioteca municipal e vai dirixida a nenas e a nenos de 0 a 12 anos que poderán estar acompañados das súas familias

Intelixencia: facultade de coñecer, de comprender e de formar ideas.
Emoción: estado de ánimo pasaxeiro causado pola sorpresa, o medo, a alegría… caracterizado por unha leve alteración física e psíquica.
Polo tanto, a intelixencia emocional é a capacidade de sentir, entender, controlar e modificar estados anímicos propios e alleos. É importante saber que pasa no propio corpo e que sentimos, poder ter control emocional e talento de motivarse, ademais de aprender a empatizar e a desenvolver as habilidades sociais.
Está demostrado que as persoas con maior dominio das súas emocións presentan un mellor rendemento académico, unha maior capacidade para coidar de si mesmos e dos demais, unha maior predisposición para superar as actividades e unha menor probabilidade de implicarse en comportamentos de risco.

 

 

 

 

 

Coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística