O día 19 de marzo, ás 19.00 horas, os Ratos de Lonxetodo, coa súa artista máis internacional, a gran Lilí Gruyére, fálanlle ás nenas e aos nenos de entre 3 e 8 anos que se acheguen á biblioteca municipal de Ponteceso das nosas persoas maiores. O ciclo da vida e o respecto ás persoas anciás son os temas tratados neste espectáculo. A ratiña Lilí Gruyére cóntanos como, hai moitos anos, axudou á súa avoa a plantar unha maceira e como hoxe, cada vez que come unha mazá, lembra a súa avoa.
Coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística