A gran Lilí Gruyère, a artista máis internacional de todas as ratiñas e ratiños de Lonxedetodo, vén de recibir un importante encargo profesional: a dirección do Musical «A Ratiña Presumida», para o que contará coa axuda do seu amigo e veciño o Rato Fuco. Nesta ocasión Lilí decide facer a súa propia versión: «O Ratiño Presumido», que será representado na biblioteca polos pais, nais ou mestras asistentes e polo propio Fuco.
Como é habitual nos contos tradicionais, tamén o conto de «A ratiña presumida» fomenta os estereotipos de xénero e as ideas sexistas. Nesta actividade dramatizaremos o conto de «O Ratiño presumido» dándolle a volta ao conto clásico para amosar a un ratiño (o Rato Fuco) que disfruta cantando e limpando a súa casa e para visibilizar a unhas mulleres (mamás ou profesoras do público) empoderadas, que non teñen ningún problema en tomar a iniciativa e propoñer elas o matrimonio ao ratiño.
En destaque