Desde o Servizo de Normalización Lingüística que dirixe Carlos Penedo, organizamos unha actividade para dar a coñecer o Cancioneiro e refraneiro de Corme de Ben Cho Shey.
Lupe Blanco explícalle moi ben ao alumnado do CEIP As Forcadas en que vai consistir a actividade:
«Pois vou empezar daquela
que o que traballa non dorme
hoxe vai do cancioneiro
que se escribiu en Corme»